Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Ana Serantes

Outubro 2020 - Meis

Título da acción: Non teño

Ana Serantes

A acción:

-Non cantes, non chores, non rías, non fales,

Nin entres, nin sallas sin mo preguntare.

¡Válate San Pedro, con tanto gardarme!

-Pois de que así sea, nena, non te asañes;

Que cantes, que chores, que rías, que fales…

"¡Can pasa!", nun tempo, meniña, diranche.

 

 (Rosalía de Castro, "Varia", Follas novas)

 

Partindo da falta de liberdade da muller, a idea é crear un personaxe co que moitas mulleres se poidan sentir identificadas e que moitos homes poidan recoñecer. Coa axuda da intervención do alumnado crearemos un exemplo de sociedade distante, que mira cara a outro lado, para conseguir evolucionar ata a implicación total e empática.

 

CV Ana Serantes García (A Coruña, 1984)

Ana Serantes García comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Danza da Coruña para rematalos en Madrid da man de Carmen Roche. Máis tarde licenciarase no Grao Superior de Danza na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.

Na súa carreira profesional percorrerá o Ballet Nacional Dominicano, o Ballet Concierto de Puerto Rico e o Ballet Neo (Nova York), coa súa colaboración en diferentes festivais en Paraguai, Colombia, Portugal…

Desde o 2013 volveu a Galicia, onde traballou en diversas producións do Centro Coreográfico Galego e coa compañía Nova Galega de Danza.

Actualmente dirixe o seu propio proxecto, chamado Compañía SerDanza.