Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Carmen Méndez

Abril 2020 - Tui

Título da acción: Rompendo o silencio

Carmen Méndez

A acción:

Mulleres. En silencio. Na rúa. No mercado. No bar. No ximnasio. No cine. Na casa.

Mulleres. En silencio. Humilladas. Acosadas. Maltratadas. Discriminadas. Violadas. Asasinadas.

Mulleres. En silencio. Con medo. Con dor. Con resignación. Sen liberdade. Sen futuro. Sen vida.

Mulleres. Agora. Rompendo o silencio.

 

 

 

CV Carmen Méndez (Neira de Rei, Lugo, 1979)

 

Actriz. Formouse inicialmente en Réplika Teatro (Madrid) e máis recentemente con Fernando Piernas e Fernando Franco. Estudou Voz con Vicente Fuentes e tamén ten formación musical, pois estudou oito anos Violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

Iniciouse co teatro, primeiro en Madrid, en obras como La felicidad completa ou Vinum Sabbati, e despois en Galicia, en As marxes da desgraza ou Escenas chejovianas. Traballou fundamentalmente no ámbito audiovisual, no cine e a televisión. Na televisión formou parte nos últimos anos das series Pazo de familia, Serramoura e, máis recentemente, de Auga seca, unha coprodución entre Galicia e Portugal. No cine traballou en Pelerinaxes, de Simone Saibene, e en Bad Investigate, de Luis Ismael. Tamén participou en numerosas curtas e o ano pasado estreou o seu primeiro monólogo, Outras químicas.