Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Iria Prol

Abril 2020 - Cercedo-Cotobade

Título da acción: Chaves para as túas gaiolas

Irial Prol

A acción:

Cando existe liberdade para decidir, non existe lugar para a violencia. Liberdade para decidir o modo de vida, para canalizar a creatividade, para desenvolver unha vida profesional, para decidir ser nai ou non selo. Liberdade sobre os nosos corpos e as nosas mentes, liberdade de movemento, de aprendizaxe e de crecemento. A sociedade, a través da educación, ten o poder para deseñar esa chave que abrirá a gaiola na que se encerran todas as liberdades das mulleres. 

 

 

 

 

CV Iria Prol (Ermua, 1985)

Iria Prol é ilustradora, artista mural e deseñadora gráfica. Tras rematar os seus estudos de Enxeñería en Deseño Industrial na Politécnica de Valencia, tivo moi claras dúas cousas: a primeira, que tiña que dar un imperativo xiro de emerxencia de volta ao mundo da arte; e a segunda, que sempre levaría no seu corazón a luz do Mediterráneo.

Tras continuar con estudos de máster máis enfocados á arte e traballar como deseñadora en Francia e Reino Unido, en 2009 volveu a Galicia, onde combinou épocas de traballo como freelance con postos en recoñecidas marcas nos campos da moda, o deseño e a publicidade. Estas experiencias servíronlle de grande aprendizaxe para finalmente chegar á conclusión que xa sospeitaba desde o principio: a decisión de traballar independentemente, ás veces desde o seu estudio e ás veces desde os lugares máis insospeitados, grazas a Internet e ás e aos clientes que ao longo dos anos confiaron no seu traballo. Hoxe combina proxectos de deseño gráfico e ilustración coa realización de murais e a docencia. A miúdo fai xogos malabares para compaxinar épocas de intenso traballo coa súa gran paixón, as viaxes, vivindo un pouco ao límite baixo a máxima "work hard, play hard" (traballa duro e xoga duro). O seu traballo pode verse na súa páxina web, www.iriaprol.com, ou en redes coma @iriaprol_studio.