Mulleres en accion violencia cero 2019-2020

Laura Tova

Maio 2020 - Pontecesures

Título da acción: Kore

Laura Tova

A acción:

Este mural contará a historia da muller salvaxe, que, malia estar nunha morte aparente, considerada esta como algo simbólico da súa psique, recobra a súa forza vital e rexorde ao mundo. Esta obra baséase no conto popular A muller dos cabelos de ouro.

 

 

 

 

 

 

CV Laura Tova (Carballo, 1989)

Formada en Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña, comeza co seu proxecto de deseño de produto en 2014 para, posteriormente, introducirse no mundo do deseño e a ilustración publicitaria. Participa en diversas iniciativas de arte urbana coma "Derrubando muros con pintura", "Rúar e rir" ou "Derrubando muros para ver o mar" na Coruña. Imparte obradoiros nos que transmite a súa particular forma de interpretar a linguaxe gráfica a través dos sentidos e o xogo. Destaca o seu proxecto de autoedición "Voantes", no que conflúen a ilustración e a escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naíf. En 2018 ilustra Música no faiado, conto escrito por Miguel Ángel Alonso Diz e publicado pola editorial Xerais. Considérase unha persoa chea de ilusión, soños e historias a través das que establece a súa relación co mundo; confesa que no 2015 viu a súa primeira estrela fugaz e marchou con ela. Os seus traballos e galería están na páxina web www.lauratova.com.