A Deputación dá luz verde ao convenio co Rosal para a segunda fase na EP-3303 Tabagón-Goián cun orzamento de 800.000 euros

As obras executaranse nun tramo de 1,8 quilómetros nos que se crearán itinerarios peonís seguindo o modelo de mobilidade amable, sostible e segura da Deputación

03/07/2022

A Deputación dá un novo paso para acometer a segunda fase da ambiciosa mellora da mobilidade peonil da EP-3303 Tabagón-Goián, que une O Rosal e Tomiño, coa aprobación do convenio co concello. A actuación, que completará a transformación integral de este vial, ten un orzamento de 795.872€, son asumidos integramente pola Deputación xa que financia o 80% con este convenio e o 20% correspondente ao Rosal a través do Plan Concellos. Esta nova fase abrangue un itinerario de 1,8 quilómetros nos que se crearán itinerarios peonís continuos e unha zona de convivencia con prioridade para as persoas seguindo o modelo de mobilidade amable, segura e sostible da institución provincial.

O proxecto súmase a primeira etapa das obras que está agora en execución e que ven de recibir o espaldarazo do IDAE cunha subvención dos fondos Feder que supón máis do 70% do orzamento. A segunda fase se fará no tramo comprendido entre os puntos quilométricos  1+795 ao 3+600 e comprenden a execución dunha zona de convivencia sobreelevada con prioridade peonil do pq 2+200 e o 2+300;  e de sendas peonís de formigón coloreado cun ancho mínimo de dous metros e medio do pq 1+1+795 ao 2+200 e do 2+300 ao 3+600.

Ademais, renovarase a capa de rodaxe en todo traxecto, coa instalación de pasos de peóns/as sobreelevados e redutores de velocidade ao longo do treito, pavimentarase a zona de convivencia con formigón con bandas de pedra e executarase unha nova rede soterrada de pluviais, cunetas transitables e prevese a execución da rede soterrada de alumeado, así como a execución de arquetas para a futura colocación dos farois. 

Para a realización desta actuación, A Deputación de Pontevedra acolleuse ao Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño (BOE nº 144 de  data  17 de xuño de 2017),  polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real Decreto 1516/2018, de 28 de decembro (B.O.E. nº 314, de 29 de decembro de 2018), e Real Decreto 316/2019, de 26 de abril (B.O.E. nº 130, de 30 de abril de 2019)  e Real Decreto 1185/2020, de 29 de decembro (B.O.E. nº 340, de 30 de decembro de 2020).

Logos

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.