Noticias

32 concellos da provincia acollen esta semana novas accións formativas do programa "Conectadas" 2018

Preto de 1.000 mulleres e homes participan desde esta semana no programa da Deputación dirixido á promoción da igualdade


02 outubro 2018
Conectadas 2018

Ao longo desta semana preto de 1.000 mulleres e homes de 32 concellos da provincia comezan os cursos do programa "Conectadas" 2018, unha das iniciativas da Deputación de Pontevedra encamiñadas á promoción e desenvolvemento da igualdade. Os concellos que acollerán estas accións son: Catoira, A Estrada, Gondomar, Marín, Ponte Caldelas, O Porriño, Salceda de Caselas, Silleda, Tui, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Campo Lameiro, A Illa de Arousa, Marín, Meis, Mos, Ponteareas, Sanxenxo, Vigo, Vila de Cruces, Baiona, Caldas de Reis, Lalín, Moaña, Pontevedra, Redondela, Cangas, O Grove, A Guarda, Mondariz e A Lama.

Na comarca de Pontevedra. En Marín haberá dous obradoiros: un de Ximnasia de Mantemento ao que asistirán 15 persoas da Asociación de Mulleres Veciñais Virxe do Porto os luns, mércores e venres, de 18:30 a 19:30 h; outro taller será de Cociña e Alimentación, todos os martes, de 17 a 20 h, na Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro. En Ponte Caldelas, 16 persoas da Asociación Mulleres Rurais Aires del Norte e Olé tratarán sobre Relaxación e Manexo do Estrés todos os luns, de 20 a 22 h. A Asociación de Mulleres Rurais A Chanciña de Campo Lameiro organiza un obradoiro de Pilates os luns e os martes, polas tardes, no que van participar preto de 20 persoas. En Caldas de Reis, 15 mulleres e homes da Asociación de Mulleres Rurais Carballeira traballarán na Iniciación á Costura todos os mércores, de 17 a 20 h. Este mesmo obradoiro va comezar tamén, en Pontevedra, na Asociación Cultural A Queimada, todos os mércores pola mañá, de 10 a 13 h. No municipio da Lama, a Asociación de Mulleres O Seixido levará a cabo un curso sobre Ximnasia de Mantemento, os sábados e os luns, de 17:30 a 19:00 h.

En canto a comarca de Vigo, na cidade de Vigo haberá cinco accións formativas. En Lavadores, 15 persoas da Asociación Veciñal de Consumidores e Usuarios traballarán nun taller de Pintura, todos os martes, de 16:00 a 18:30 h. A Federación de Asociacións de Minusválidos Cogami organiza un obradoiro de Risoterapia, todos os mércores de 16 a 19 h, para o que están anotadas 15 persoas. 16 persoas da Asociación de Mulleres Dorna tratarán sobre Alfabetización Dixital II os xoves de 16 a 18 h. A Asociación Veciñal de Cabral organiza un taller de Xardinería, todos os venres, de 17 a 20 h, para o que están inscritas 17 persoas. E por último, a Asociación Fibromialxia de Pontevedra ten previsto unha actividade de Sendeirismo todos os venres, de 16 a 19 h. En Gondomar realizarase un obradoiro de Teatro ao que asistirán 15 persoas do Centro Cultural e Deportivo La Merced de Chaín, os luns e venres, de 20 a 22 h. No Porriño haberá unha acción formativa sobre Iniciación á Costura todos os luns, de 17 a 20 h, na Asociación de Amas de Casa Rosais, na que van tomar parte 16 persoas. En Salceda de Caselas levarase a cabo un obradoiro de Intelixencia Emocional, no que participarán 25 persoas da Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze, todos os luns de 19:45 a 22:45 h. A Asociación Cultural San Martín de Tameiga, en Mos, traballará sobre Pilates, todos os martes e xoves, de 18:00 a 19:30 h, nunha actividade para a que están inscritas 18 persoas. En Redondela haberá dúas accións formativas: a Asociación de Mulleres de Chapela Agarimo organiza un taller de Conservación de Alimentos, Conservas Artesanais, todos os mércores de 17 a 20 h; a Asociación de Mulleres Rurais Sementeira traballará sobre a Iniciación ao Scrapbooking, todos os mércores de 17:00 a 19:3o h. Tamén en Baiona se van desenvolver dous obradoiros: de Risoterapia, na Asociación de Viúvas Mercedes de la Escalera, e de Sendeirismo, na Asociación Local de Amas de Casa e Consumidoras. Os dous talleres serán os mércores pola tarde e asistirán preto de 40 persoas.

Na comarca do Morrazo, en Cangas haberá dúas actividades: 17 persoas da Asociación de Mulleres Escola Vella do Hío traballarán en Coidados Propios do teu Benestar os venres de 17 a 20 h e a Asociación de Mulleres Progresistas de Darbo organiza Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables os venres de 17 a 20 h, para o que hai 18 persoas inscritas. En Moaña, 17 persoas da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo participarán nun taller de Teatro os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:30 h.

No Salnés, en Vilagarcía de Arousa serán 24 persoas da Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa as que participen nun obradoiro de Pilates, que será os luns e os mércores, de 19 a 20 h. Tamén en Vilagarcía de Arousa haberá outras dúas actividades: unha será na Asociación Veciñal Agustín Romero de Cornazo, onde 15 persoas farán pintura, todos os xoves de 17 a 20 h; e outro obradoiro de Alfabetización Dixital II será na Asociación Cultural Xeada, os martes de 16:30 a 19:30, onde asistirán 17 persoas. En Vilanova de Arousa vanse desenvolver cinco accións formativas. 17 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Aceñas de Baión farán Ioga todos os luns e xoves de 20:00 a 21:30 h. Na Asociación de Mulleres Rurais O Campanario haberá Iniciación ao Scrapbooking, todos os luns de 19 a 22 h, para o que están anotadas 15 persoas. Outras 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Mouriño traballarán na Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais, todos os luns de 19:00 a 22:30 h. Relaxación e Manexo do Estrés será a actividade que vai desenvolver a Asociación de Mulleres Rurais e Amas de Casa Citania de Baión, os venres de 19:30 a 22:30 h, no que están inscritas 17 persoas. O mesmo número de inscricións ten o obradoiro de Cociña, Alimentación e Hábitos Saudables da Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo, que será os xoves de 19:30 a 22:30 h.

En Cambados, a Asociación de Mulleres Rurais de Castrelo As Saíñas organiza un taller de Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais, que será os martes de 19:30 a 22:00 h, con 15 inscricións ata o momento. 23 persoas da Asociación de Amas de Casa Albariño traballarán na Alfabetización Dixital II todos os mércores de 17:30 a 19:30 h. Tamén en Cambados, a Asociación Veciñal San Vicente organiza Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables para os mércores, de 20:00 a 22:30 h, para o que hai 20 persoas inscritas. No concello da Illa de Arousa, a Asociación de Mulleres Rurais San Vicente ten un taller de Teatro para os martes e xoves, de 17 a 19 h, con 15 persoas anotadas. En Meis, 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Marco de San Salvador falarán de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables os martes e mércores de 20:30 a 22:30 h.

En Sanxenxo, a Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras Santa Catalina de Portonovo terá o taller de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables todos os martes, de 17 a 20 h, para o que se anotaron 15 persoas. Outras 15 persoas da Asociación de Mulleres Celso Emilio Ferreiro de Sanxenxo traballarán na Iniciación á Costura, todos os martes de 19:30 a 22:30 h. No Grove, 21 persoas da Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa farán Iniciación ao Patchwork os venres, de 19 a 22 h.

No Condado-Paradanta, en Mondariz serán 16 persoas da Asociación de Mulleres de Gargamala as que participen nun obradoiro de Alfabetización Dixital II os sábados de 19 a 22 h. En Ponteareas, desenvolverase un obradoiro de Pilates, ao que asistirán 15 persoas da Asociación San Salvador os martes e xoves de 19:30 a 20:30.

Na comarca do Baixo Miño, en Tui haberá un taller de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables, que será os luns de 16:30 a 19:30, e para o que hai anotadas 17 persoas. No concello da Guarda, o obradoiro de Risoterapia acollerá a 18 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Santa Tecla, todos os venres de 16 a 19 h.

Na comarca do Deza, Silleda acollerá un obradoiro de Ximnasia de Mantemento no que participarán 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas os luns e os mércores de 20:00 a 21:30 h. Tamén en Silleda haberá outros dous talleres: Iniciación á Costura na Asociación de Mulleres do municipio de Silleda, os xoves de 19 a 22 h, e o mesmo na Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo, os xoves de 21 a 24 h. En Lalín, 15 persoas da Asociación Mulleres en Igualdade Vilanova traballarán en Musicoterapia os venres de 20:30 a 23:00 h. Iniciación ao Scrapbooking é o taller que a Asociación de Mulleres en Igualdade de Vilatuxe vai realizar os xoves, de 16 a 19 h, para o que hai anotadas 15 persoas. Outras 15 persoas da Asociación de Mulleres en Igualdade de Cercio en Lalín tratará de Reciclaxe e Medio Ambiente todos os mércores de 16 a 19 h. Tamén nesta comarca, en Vila de Cruces haberá tres obradoiros, nos que van participar preto de 50 persoas: dous de Pilates na Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo (os martes de 18:15 a 19:45 h) e na Asociación de Mulleres Rurais Brincadeira (martes e xoves de 16:30 a 18:00 h) e un de Iniciación ao Patchwork na Asociación de Mulleres Rurais de Sabrexo os martes de 20 a 23 h.

En Tabeirós-Terra de Montes, A Estrada vai acoller cinco accións formativas. 20 persoas da Asociación Veciñal de Frades traballarán na Poda e Tarefas do Campo desde a Sustentabilidade os luns de 16 a 19 h. A Asociación Cultural Mulleres Rurais San Xurxo Vea organiza o obradoiro de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables os martes de 20:30 a 23:30 h, no que hai anotadas 16 persoas. Este mesmo taller o farán 16 persoas da Asociación de Mulleres Rurais de Paradela os xoves de 19 a 22 h. De Iniciación ao Patchwork tratarán 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños Curantes os xoves de 20 a 23 h. A Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei organiza os venres, de 19:45 a 22:45 h, o taller de Cociña, Alimentación e Hábitos Saudables, con 15 persoas anotadas.