Noticias

A Deputación de Pontevedra apoia unha temporada máis ao Pontevedra CF con 160.000 euros

Carmela Silva entregou a Lupe Murillo, presidenta da entidade granate, a resolución da axuda para o equipo de fútbol como club de elite da provincia de Pontevedra


06 xuño 2019
Presidenta e Lupe Murillo

Este xoves 6 de xuño a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo entrega a Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra CF, da resolución da subvención que recibe a entidade granate como club deportivo de elite. Ao igual que a pasada temporada, a institución provincial achega ao Pontevedra CF a cantidade de 160.000 euros.

Durante o encontro, Carmela Silva felicitou ao Pontevedra CF pola boa temporada realizada tanto polo seu primeiro equipo, 6.º no seu grupo na Segunda División ‘B', como polo filial, que acadou o ascenso a Preferente e que, fai unha semana, gañou a Copa Deputación. Tamén resaltou a importancia de apoiar aos clubs de elite da provincia, xa que "entidades deportivas como o Pontevedra CF actúan de verdadeiros embaixadores da nosa provincia, que a través dos seus desprazamentos e das competicións nas que participan levan o nome de Pontevedra".

Durante o mes de abril a Deputación de Pontevedra xa entregara as resolucións aos 15 clubs restantes que benefícianse destas axudas: Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Cangas, Club Ciclista Rías Baixas, Club Deportivo Supermercados Froiz, Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa, Agrupación Deportiva Vincios, Coruxo Club de Fútbol, Club Rápido de Bouzas, Club Poio Fútbol Sala, Club Amfiv, Socidade Deportiva Teucro, Sociedad Gimnástica, Atlético Guardés, Tenis de Mesa Monteporreiro e Club Cambados de Tenis de Mesa.

Este ano este programa de axudas da Deputación de Pontevedra está dotado con 726.500 euros, incrementando os recursos destinados ao deporte feminino e ao deporte adaptado.


Novas relacionadas