Noticias

A Deputación de Pontevedra aproba cinco achegas para Cuntis por un valor de máis de 80.000 euros

Con estes novos investimentos Cuntis poderá levar a cabo actuacións como o acondicionamento dun camiño rural no lugar de Mato


22 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou por Resolución presidencial cinco novas achegas para o Concello de Cuntis ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos. Concretamente a institución provincial pon á disposición da vila un total de 82.948,37 euros.

Máis polo miúdo, Cuntis recibirá 40.300 euros para o acondicionamento dun camiño no lugar de Mato; 4.648,46 euros para a adquisición de elementos biosaudables; 5.999,91 euros para levar a cabo actuacións de eficiencia enerxética no camiño Trasponte; 25.000 euros para o acondicionamento da planta baixa de servizos sociais, e 7.000 euros para o mantemento das depuradoras do rural.