Noticias

A Deputación de Pontevedra destina a Vilanova de Arousa 30.000 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018

Vilanova de Arousa ten este ano a súa disposición case millón e medio de euros do Plan Concellos da Deputación, un 76,4 % máis que no ano 2017


28 marzo 2018
Vilanova de Arousa

A Deputación de Pontevedra aprobou, a través dunha Resolución presidencial, a primeira axuda ao Concello de Vilanova de Arousa ao abeiro da liña 1 de Investimentos do "Plan Concellos 2018". Concretamente, a vila do Salnés recibirá 30.000 euros para poder afrontar a compra de terreos no Terrón.

Esta nova achega súmase aos 168.379,94 euros que o Concello de Vilanova de Arousa xa recibira, ao abeiro da liña 3 de Emprego, para a contratación de 16 persoas que traballarán nos distintos servizos municipais da localidade.

Coa suma destas tres achegas, Vilanova de Arousa ten adxudicado o 15,2 % do total que ten a súa disposición co Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra, que concretamente é 1.303.860,85 €, un 76,4 % máis que no 2017.