Noticias

A Deputación de Pontevedra financia a pavimentación do enlace no barrio do Forte en Cangas

Trátase dun investimento de 88.612,12 euros con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


15 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou un investimento para Cangas con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 88.612,12 euros cos que a vila poderá financiar o documento técnico para a pavimentación do enlace no Barrio do Forte.

Máis polo miúdo, trátase do tramo do fronte marítimo paralelo á rúa Ozámiz e que enlaza as rúas Xoan de Cangas, Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, así como un espazo aberto entre a zona verde e as edificacións e que da acceso a vivendas e garaxes. A actuación comprende a pavimentación, acabado en lousas de pedra e a ampliación das redes municipais de abastecemento e saneamento. A superficie de pavimentación é de aproximadamente 505 metros cadrados.