Noticias

A Deputación de Pontevedra financia cinco novas actuacións no concello do Porriño ao abeiro do Plan Concellos 2019

Levaranse a cabo obras cun orzamento de case 200.000 euros para o saneamento en distintos lugares da vila e para o subministro e a instalación de campás e proxectores no polideportivo


29 outubro 2019
Plan Concellos 2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, cinco novos investimentos para o concello do Porriño ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 197.346,23 euros.

En concreto, 28.314,42 euros destinaranse ao subministro e á instalación de campás e proxectores LED no Centro Polideportivo Municipal. Ademais, tamén se van acometer actuacións para o saneamento en distintas zonas: destínanse 36.539,87 euros para o saneamento en Centeáns (Pontellas) 48.310,56 euros no Covelo (Atios) 36.592,42 euros na Cruz e no Casal (San Salvador de Budiño) e 47.588,96 euros no Sobral (San Salvador de Budiño).