Noticias

A Deputación financia catro novas actuacións en Pontecesures co Plan Concellos 2019

Con máis de 103.000 euros levaranse a cabo obras de mellora da eficiencia enerxética, de espazos públicos e acondicionamento de viarios e camiños


01 abril 2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, catro novos investimentos para o Concello de Pontecesures ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 103.500,16 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 21.624,87 euros para a ampliación dos vestiarios do campo de fútbol; 27.786,5 euros para financiar a reurbanización dun tramo da rúa Porto de Arriba; outros 22.647,35 euros para o fresado e reasfaltado dun tramo da rúa Carlos Maside; e, por último, 31.441,44 euros para a mellora da eficiencia enerxética no alumeado público exterior no concello de Pontecesures.