Noticias

A Deputación pon en marcha a segunda edición dos Premios Provinciais á Xuventude

O prazo de presentación dos traballos será de dous meses desde a publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e poderanse presentar mozas e mozos de entre 16 e 35 anos


03 marzo 2018
Premios Provinciais á Xuventude

A Deputación de Pontevedra publicou este venres no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as Bases da segunda convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude, dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados de 22.000 € repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. O prazo de presentación dos traballos será de dous meses desde a publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

As sete categorías ás que poderán optar as persoas participantes son as de iniciativa social (tres premios), iniciativa empresarial (tres premios), blogs (tres premios), educación en valores (tres premios), traballo musical (tres premios), traballo literario breve (dous premios para narrativa e dous para poesía) e, por último, fotografía orixinal (tres premios).

Todas as categorías teñen unha partida de 3.000 €, distribuídos entre 1.500 € para o primeiro premio, 1.000 € para o segundo e 500 euros para o terceiro, a excepción do traballo literario, que conta cun orzamento de 4.000 euros, modalidade na que haberá un primeiro premio de 1.500 euros e un segundo de 500 €, tanto para o traballo narrativo como para o de poesía.

Nas bases dos premios poderanse consultar os demais requisitos que deben cumprir as persoas (físicas e xurídicas) participantes e os traballos, así como os medios de presentación e a documentación que deberán achegar a maiores en cada unha das categorías.


Outras novas

mellora de estrada provincial

25 abril 2018, cerdedo-cotobade, mellora, estrada provincial, portela, serrapio
Museo de Pontevedra

24 abril 2018, pontevedra, filgueira valverde, o museo, correspondencia, ´sánchez cantón
pormoción turística

24 abril 2018, pontevedra, turismo, vigo, porto, o salnes, o deza, promocion turistica
Mulleres en Acción. Violencia Zero en Barro

24 abril 2018, barro, violencia zero, mulleres en acción, amparo novas
Nieves Fran

23 abril 2018, visitas, cruzadas, margarita ledo, xacio baño