Noticias

A Deputación de Pontevedra remata as obras de seguridade viaria na estrada provincial EP-0508 Curro-San Amaro no concello de Barro

Os traballos incluíron a execución dunha cuneta tendida que mellora a seguridade ao convertela en transitable para as persoas


04 agosto 2020
Remate das obras en Barro

A Deputación de Pontevedra rematou as obras de mellora e seguridade na estrada provincial EP-0508 Curro-San Amaro, nun tramo de 640 metros que transcorre pola parroquia de Curro, no concello de Barro. Esta actuación, na que a institución provincial investiu un orzamento de preto de 50.000 euros, enmárcase no modelo de mobilidade segura e sustentable que a Deputación está a desenvolver nas vías provinciais.

Os traballos, que atenden a petición realizada polo concello de Barro, supoñen unha mellora notable da seguridade viaria neste tramo, xa que ademais de limpar as cunetas e executar unha gabia drenante para o saneamento, o proxecto desenvolvido pola Deputación incluíu a execución dunha cuneta tendida de formigón (máis ampla e ao mesmo nivel da calzada), que agora permite o tránsito para as persoas que transiten a pe pola zona