Noticias

A Asociación Párkinson Baixo Miño organiza unha charla informativa na Guarda


08 novembro 2019
A Guarda
Charla

O vindeiro xoves día 14 de novembro ás 18:15h da tarde celebrarase una charla informativa co título "Mejoremosjuntos la calidad de vida" no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda, no que a logopeda Nerea Álvarez Rodríguez e a terapeuta ocupacional Olalla Vilar Figueira, do Centro Anarela de Tui, falarán sobre a importancia de realizar terapias de rehabilitación , para acadar una mellor calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade  de Párkinson.

A presentación do acto será a cargo da Presidenta da Asociación Herminia Sías Cortiñas.

Esta charla enmárcase no Proxecto Párkinson Rural, unha iniciativa da Federación Española de Párkinson, posta en marcha co apoio da Fundación O.N.C.E.