Noticias

A concellería de Deportes da Guarda organiza unha ruta en kaiak


07 agosto 2020
A Guarda
A Guarda

A concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza para o vindeiro xoves día 27 de agosto unha Ruta en Kaiak polo Río Tamuxe.

As inscricións están xa abertas e a actividade ten un custo de 4€ por persoa. A ruta terá inicio ás 16:30h dende a Praia das Eiras no Concello do Rosal, e continuará ata o Río Tamuxe, un percorrido polo Miño e Tamuxe de grande beleza paisaxística e natural.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no seguinte formulario online:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJvXl7vPnnskXUOA9p_Fd0aVFTPdpfPdmF7k7DbTWzlq3qGA/viewform