Noticias

A exposición "Río Miño- Memorias transfronteirizas" amplía a súa estadía na Guarda até o 19 de novembro

A Exposición "Río Miño- Memorias transfronteirizas" permanecerá no andar baixo da Casa dos Alonso até o 19 de novembro en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres.


22 outubro 2020
A Guarda
Cartel

Dende o pasado 9 de outubro xa está na Guarda a exposición "Río Miño - memorias transfronteirizas", na que os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos.

Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa Deputación de Pontevedra, amplía a súa estadía na Guarda até o 20 de novembro na Casa dos Alonso, tamén está a disposición dos visitantes un tríptico informativo da mesma.