Noticias

A Guarda contará cunha nova escola infantil con 41 prazas


25 setembro 2019
A Guarda
Nova escola infantil

O pasado martes día 24 de setembro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Servicios Sociais, Beatriz Lomba, mantiveron unha xuntanza coa Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia nos Edificios de San Caetano para trasladarlles o compromiso da Xunta para o financiamento da nova escola infantil da Guarda, para a cal a Administración autonómica achegará 410.000€ e o consistorio local os fondos restantes ata os 690.000€.

A futura escola infantil da Guarda integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul e estará dotada con tres unidades e un total de 41 prazas.

Para fixar o cofinanciamento da construción o paso seguinte será a formalización dun convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Guarda, de cara a incluír estes fondos nos orzamentos 2020-2021.

Ai que recordar que o Concello da Guarda ten un ratio de escolas infantil moi baixo, que nos últimos anos oscila entre o 17% e o 20%, cando o compromiso da Xunta e que o ratio en Galicia sexa como mínimo o que recomenda a Unión Europea, un 33%, o que obriga a moitas familias guardesas a buscar prazas nos concellos da contorna.

Na actualidade a Guarda conta cos terreos, co proxecto e os permisos para construír a nova escola infantil nas vellas vivenda dos mestres do antigo Sinde.