Noticias

A Guarda premia aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal

Este luns celebrábase o Día do Usuario/a das Bibliotecas e a Concelleira de Cultura fixo entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do ano.


12 xaneiro 2021
A Guarda
biblioteca de A Guarda

O luns día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario/a das Bibliotecas e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda fíxose entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías xuvenil, infantil e adulto.

Os premiados recibiron da man da concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, un diploma que da conta da súa condición de usuarios e lectores asiduos e un lote de libros adaptados ao seu perfil lector.

Os premiados foron María Concepción Macua González, como mellor lector adulto con 57 libros; Pedro Fernández González , co premio ao mellor lector xuvenil con 53 libros; e Irene Fernández Lomba, mellor lectora na categoría infantil con 53 libros solicitados en préstamo. 

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e dentro do ranking de libros máis lidos atopamos:

DEZ LIBROS MÁIS LIDOS POR ADULTOS

  1. La huella del mal / Manuel Ríos Sanmartín
  2. El destino de los héroes / Chufo Lloréns
  3. Las batallas silenciadas / Nieves Muñoz
  4. El amante silencioso / Clara Sánchez
  5. La bailarina de Auschwitz / Edith Eger
  6. Loba negra / Juan Gómez-Jurado
  7. Algún día hoy / Ángela Becerra
  8. Beleza vermella / Arantza Portabales Santomé
  9. Sakura / Matilde Asensi
  10. El latido de la tierra / Luz Gabás

DEZ LIBROS MÁIS LIDOS INFANTIL/XUVENIL

  1. Isadora Moon va al colegio / Harriet Muncaster
  2. ¿De qué color es un beso? / Rocío Bonilla
  3. La diversión de Martina: misterio en el internado / Martina DÁntiochia.
  4. Seis de cuervos / Leigh Bardugo
  5. Isadora Moon va de excursión / Harriet Muncaster
  6. Isadora Moon va al ballet / Harriet Muncaster
  7. El señor búho y el bosque / Christelle Chatel
  8. Alianzas / Iria G. Parente. 
  9. Anna Kadabra: el club de la luna llena / Pedro Mañas, ilustraciones, David Sierra Listón
  10. La diversión de Martina: ¡Aventuras en Londres! / Martina D´Antiochia

A Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destacou una súa intervención a importancia que ten a lectura para a formación e o crecemento persoal das persoas, convidando a todos os veciños da vila a que continúen ou ben se inicien neste fabuloso mundo da lectura, contando na Guarda cunha biblioteca modesta pero cunha boa colección de libros de diversas temáticas e para todos os gustos.