Noticias

A Guarda realiza diversas obras mantemento nos centros de ensino do municipio


10 setembro 2019
A Guarda
Mantemento centros de ensino A Guarda

O Concello da Guarda ven de acometer diversas obras de mantemento nos centros de ensino da vila de cara ao inminente comezo do novo curso lectivo.

Deste xeito traballouse ao longo do verán no Colexio Manuel Rodríguez Sinde, no CEIP A Sangriña, no CEIP Nicolás Gutiérrez Campo «Solanas» e na Escola Infantil da Gándara, realizando tarefas nas que se incluíron a revisión eléctrica xeral, cambio de enchufes e interruptores, substitución de luminarias defectuosas, pintado de aulas, reparación de persianas, traballos de xardinería, reposición de azulexos, cambio de corchos, entre outras.

Destacan a reparación dos canalones exteriores do CEIP Nicolás Gutiérrez Campo «Solanas» cun importe superior aos 1.500€ ou a reparación integral da rampa de madeira de acceso ao Colexio Manuel Rodríguez Sinde, que se atopa nestes intres en fase de obra, cun investimento superior aos 5.000€.

Dende a Concellería de Educación do Concello da Guarda traballouse de acordo as solicitudes feitas polos diferentes centros de ensino, de cara a acometer aquelas obras de mantemento precisas para o correcto funcionamento destes espazos.