Noticias

A Guardia Civil comprométese a incrementar a presenza policial nocturna na Guarda


10 setembro 2019
A Guarda
Policia na Guarda

Na mañá deste martes día 10 de setembro de 2019 o tenente de alcalde do Concello da Guarda,  Anxo Baz, mantivo unha reunión co Subtenente do Posto da Guarda Civil da Guarda, Elogio Rivas, para tratar de mellorar a seguridade cidadá en coordinación e comunicación directa entre ámbalas dúas institucións.

Anxo Baz trasladou as demandas dos veciños e comerciantes para aumentar a presenza policial nos turnos de noite, obtendo o compromiso do subtenente da Guardia Civil do Posto da Guarda, emprazando a unha reunión de seguimento que terá lugar en datas próximas.