Noticias

A sede electrónica do catastro permite xa a consulta de informacións e trámites online


05 agosto 2020
A Guarda

 

O Concello da Guarda informa que dende esta semana xa se poden consultar informacións sobre o catastro a través da sede electrónica e sen necesidade de certificado electrónico.

Este servizo permitirá a todos os cidadáns realizar os seus trámites ante Catastro na sede electrónica mediante a verificación de datos do DNI, sen necesidade de dispor dun Certificado Electrónico ou chave pin.

Entre outros, permite a consulta de diversa información, obtención de certificacións sen necesidade de acudir presencialmente ao concello, alegacións, atención de requerimentos, comprobación de documentacións, declaracións, solicitudes, recursos, titularidade de inmobles, escritos xenéricos, entre outras.

Se é preciso, poden solicitar cita previa para acudir de xeito presencial ao concello chamando ao 986610000.

A sede electrónica está dispoñible a través da ligazón http://www.sedecatastro.gob.es