Noticias

Acto de homenaxe aos asasinados no Campo de Concentración de Camposancos


15 outubro 2018
A Guarda
Homenaxe aos asasinados en Camposancos

O vindeiro xoves, 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato das Comisións Obreiras vai homenaxear aos asasinados no campo de concentración de Camposancos durante a guerra civil.

O acto de homenaxe terá lugar ás 17:30h na fosa común do cemiterio de Sestás, onde se fará unha ofrenda floral á que están convidados todos os grupos políticos con representación municipal así como as asociacións culturais e sociais do Concello de A Guarda.

O Alcalde da Guarda, D. Antonio Lomba, xunto con D. Xesús Alonso Montero e representantes das CCOO intervirán durante o dito acto de homenaxe.

Posteriormente, ás 19:00h, haberá unha charla-coloquio no Centro Cultural onde D. Xesús Alonso Montero disertará sobre a historia do campo de concentración de Camposancos e, por extensión, da represión da ditadura franquista.

Dende o Concello da Guarda e o sindicato CCOO se convida a toda a cidadanía da vila de A Guarda a participar nos devanditos actos.