Noticias

Aprobado o Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do concello da Guarda

A inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións solicitarase polas persoas interesadas mediante instancia dirixida á Alcaldía, encabezada e subscrita polo representante legal da mesma


19 novembro 2020
A Guarda
Rexistro de asociacións da guarda, cartel descriptivo

O Concello da Guarda, unha vez rematado o prazos para a consulta pública, ven de aprobar definitivamente o Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións municipal.

O presente Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Guarda ten coma finalidade establecer o marco xurídico regulador do Rexistro Municipal de Asociacións, como instrumento que permita recoller documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva, dentro do marco territorial do Concello da Guarda, para coñecer a situación real das asociacións existentes, definir as liñas que impulsen a consolidación dun tecido social organizado e moderno que busque vías e se axuste mellor aos intereses dos cidadáns de hoxe, para participar e actuar nos asuntos que lles preocupan.

Para a  creación do Rexistro Municipal de Asociacións no Concello da Guarda foi necesaria a aprobación dun regulamento que estableza o seu contido, finalidades, dereitos e obrigas das asociacións que soliciten a súa inscrición, así como fixar o seu obxecto, que será permitirlle ao Concello da Guarda coñecer o número de entidades existentes no municipio, os seus fins, representatividade e incidencia, para os efectos de posibilitar unha política municipal adecuada que contribúa a fortalecer o tecido asociativo do noso Concello.