Noticias

Convocatoria de Reunión para o sector do comercio o 29 de xaneiro


14 xaneiro 2020
A Guarda
Reunion sector comercio

A Concellería de Desenvolvemento Local convoca ao sector do comercio da Guarda a unha reunión de seguimento para valorar a pasada Campaña de Nadal 2019/20. Neste encontro tamén terá cabida a proposta de ideas que permitan perfilar futuras liñas de actuación de cara á dinamización comercial durante esta e as vindeiras anualidades.

Fátima Rodríguez Marcos, Concellería de Desenvolvemento Local, convida deste xeito a todo o tecido comercial da vila a participar nesta reunión que terá lugar o vindeiro mércores día 29 de xaneiro ás 20:30h na Casa dos Alonso.

Dende o Concello recórdase a importancia de participar neste tipo de reunións que pretenden funcionar como un foro no que se dean a coñecer de primeira man as demandas do sector de cara a planificar as accións que, dende a administración local, se podan levar a cabo para dinamizar o comercio da Vila.