Noticias

Esgotadas todas as entradas para o concerto do Cuarteto Rastrelli deste venres na Guarda

Terá lugar este venres día 17 de setembro ás 20:00h na Praza do Reló. En caso de choiva realizarase nos baixos do concello.


13 setembro 2021
A Guarda
Cuarteto Rastrelli

O vindeiro venres día 17 de setembro a Praza do Reló da Guarda será o escenario para un concerto moi especial da man de O Teu Xacobeo, o do grupo Cuarteto Rastrelli, formado por Kira Kraftzoff, Sergio Drabkin, Kirill Timofeev e Misha Degtjareff.

O Proxecto "Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago 2021" é promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración cos Concellos de Cangas, Cambados, Nigrán, Ribadeo, Lourenzá, Abadín, Sobrado dos Monxes, Tui, O Porriño, Redondela, A Guarda, Pontevedra, Padrón, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, Mondoñedo e Santiago, lugares onde se desenrola esta actividade.

O grupo traerá á Guarda o Programa "De Brahms aos Beatles" cun repertorio con cancións de recoñecidos artístas coma D. Popper, P. I. Tchaikovsky, E. Grieg, Peer Gynth ou J. Brahms, ademais de clásicos do "Libro de cancións dos BEATLES" como Yesterday, Sgt. Pepper's Lonely Club Band, Things We Said, If I Fell, I Saw Her Standing There, e outros.

Debido ao protocolo covid-19 o aforo é limitado, estando as entradas xa reservadas na súa totalidade. En Caso de choiva o concerto terá lugar nos baixos da Casa dos Alonso.