Noticias

Espectáculo de Maxia «Do Maxín á realidade» este sábado na Guarda


16 outubro 2019
A Guarda
Do maxín a realidade

O Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle este sábado ás 18:30h o espectáculo de maxia «Do Maxín á Realidade».

«Do Maxín á Realidade» é un espectáculo de maxia que nos leva a vivir unha experiencia única. A maxia é o fío condutor desta viaxe, que nos fai dubidar da realidade, das propias leis físicas que rexen o noso mundo,… entramos entón, da man do ilusionista, no mundo do maxín, onde todo, ou case todo é posible.

Espectáculo subvencionado a través do programa Pontegal da Deputación de Pontevedra e enmarcado nas actividades de lecer do I Encontro de Ecoturismo & Gastronomía do Río Minho» que se celebra na Guarda e Caminha do 17 ao 19 de outubro.