Noticias

Este luns continúa a programación do Día da Biblioteca na Guarda


18 outubro 2019
A Guarda
Día da Biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda continúa coas actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

A segunda actividade terá lugar o vindeiro luns día 21 de outubro ás 18:00h cun contacontos moi especial a cargo de Anxo Avelino (Carballo con botas).

Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiros, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos, para plantar unha árbore que conte contos en defensa do futuro.

Espectáculo dirixido a público infantil: bebés,  nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Programación:

Luns 21 "Unha árbore vén a vernos" (Contos para abrazar ás árbores). Anxo Avelino (Carballo con Botas). Ás 18:00 h.

Xoves 24 "Bibliotecas para mudar o cambio climático". Efervesciencia. Ás 18:00 h.

Sábado 26 "Obradoiro de creación de teatros de papel". Juste Kamishibai, Papel e Teatro. Ás 11:30 h.