Noticias

Este mércores chega á Guarda a obra teatral «Velliñas» de Inherente Teatro


14 outubro 2019
A Guarda
Velliñas

Este mércores día 16 de outubro de 2019 a Praza do Reló da Guarda acolle a representación teatral de «Inherente teatro - Velliñas», enmarcado na programación Camiño A Dentro promovida por O Teu Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Inherente teatro foi creado no ano 2016 por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti, tres actrices tituladas pola ESAD de Galicia. Coa súa primeira obra, Dramaturxia das mulleres, foron finalistas no VII Certame de Novos Investigadores Teatrais en Sevilla, e participaron en numerosos festivais como o FETEGA na súa XXVII edición , o II Encontro Mulleres Creando dentro do FITO ou a XXXIV Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas. No 2018 únese como membro da compañía a actriz Noa Covelo. Combinan o seu traballo como intérpretes con talleres formativos de creación escénica.

Sobre a obra:

Rosa, Carmiña e Josefina adoitan facerlle compañía ás pombas da praza as tódalas tardiñas que non chove. Ata que un día atopan un obxecto inesperado que as conduce a tomar a decisión que cambiará a súas vidas de xeito irremediable: o Camiño. Unha obra de teatro mudo apta para todos os públicos.

Intérpretes: Noelia Blanco, Noa Covelo e Pía Nicoletti.

A cita na Guarda será este mércores día 16 de outubro ás 18:30h da tarde na Praza do Reló, en caso de choiva será nos baixos do Concello.