Noticias

Exposición do Censo Electoral que se utilizará nas Eleccións Autonómicas do vindeiro 5 de abril


14 febreiro 2020
A Guarda
A Guarda

Entre os días 17 e 24 de febreiro, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións ó Parlamento de Galicia do vindeiro 5 de abril.

O horario de consulta será entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).

É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.