Noticias

Gran afluencia de comensais no arranque da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na Guarda


05 xullo 2019
A Guarda

A Guarda acolle esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se poden degustar ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira. En canto ao aspecto gastronómico, a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€.

Contase ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

O venres 5 de xullo ás arrancou na Praza do Reló a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contando cun pregoeiro de gran prestixio como MONCHO BORRAJO. Actor, humorista e showman nacido en Ourense, foi o encargado de por o toque de humor nesta primeira xornada desta festa gastronómica coa lectura do pregón.

Tralo pregón a festa trasladouse ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada onde unha gran afluencia de comensais encheron a carpa disposta para a ocasión no Porto da Guarda, degustando os 24 pratos da gastronomía guardesa.

O recoñecido cómico, MONCHO BORRAJO realizou a súa actuación ante o público da carpa ás 22.30h co seu último espectáculo "BORRAJO PERDIDO". Monólogo cheo de historia, humor, tenrura e un pouco de retranca galega interactuando co público. Amosando porque él é o rei da improvisación.

Para rematar esta primeira xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrouse un Serán Mariñeiro con grupos de música tradicional.

Na xornada do sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos serán os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes en horario matutino, xa pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos e a festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo «Chungo», recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. Moitos galegos o coñecimos como "Petróleo" en Mareas vivas.  Rematará a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, esvocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual.