Noticias

Suspendido o servizo de Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha

A alta incidencia de casos por coronavirus e as restricións de mobilidade en ámbalas dúas beiras do Río Miño obrigan á suspensión do servizo


11 xaneiro 2021
A Guarda

O Alcalde de Caminha, Miguel Alves, fixo público a través dun comunicado a determinación da suspensión do servizo do ferry entre Caminha e A Guarda dende hoxe mesmo e ata que se indique o contrario.

Esta decisión tomouse tendo en conta o aumento do número de infectados no Municipio de Caminha así coma os casos existentes nos Municipios do Rosal e Tomiño.

A decisión de levantar esta suspensión queda arestora determinada en función da evolución da situación epidemiolóxica no municipio de Caminha e en Portugal, tendo en conta tamén o mesmo factor no concello da Guarda e en Galicia.