Noticias

Mulleres en Acción Violencia Zero trae á Guarda a acción "Reguetón" de Lúa Mosquetera

Terá lugar o luns día 26 de outubro ás 16:00h no Campo de Fútbol da Sangriña.


22 outubro 2020
A Guarda
Cartel Mulleres en Acción

O vindeiro luns día 26 de outubro de 2020 ás 16:00h o Campo de fútbol da Sangriña acolle a acción "Reguetón" de Lúa Mosquera a través da Campaña da Deputación de Pontevedra "Mulleres en Acción. Violencia Zero".

Poesía feminista con base musical de reguetón. Trátase dunha enumeración de varios micromachismos que se sofren a diario (baseado en testemuños reais) cunha reflexión final que invita a cuestionarse certas actitudes cotiás.

Collemos un xénero musical tipicamente machista para concienciar sobre actitudes que nos prexudican e toleramos completamente de maneira inconsciente. Incita ao cambio e á busca da igualdade.

Lúa Mosquetera (Miño, 1988)

Lúa Mosquetera naceu en 1988 e estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou o seu primeiro poemario (autoeditado), Rasrás, en 2018, e desde entón participou en numerosos festivais recitando a súa poesía, sempre acompañada da guitarra do músico Mori4rty.

Destacan as súas intervencións no festival Elas Son Artistas, no Festival de Música e Artes Loro Facu ou no FestivalInternacional de Poesía e Performance Kerouac.