Noticias

Música, festexos, exposicións, visitas guiadas e moito máis nesta fin de semana na Guarda

13 xuño 2019
A Guarda
Fin de semana en A Guarda

A Guarda congrega na fin de semana do venres 14 ao domingo 16 de xuño unha chea de actividades para gozar da vila con Festivais musicais, concertos, exposicións, visitas guiadas, actividades deportivas e moito máis.

Programación por días

VENRES 14:

O vindeiro venres día 14 de xuño arranca o Música nas Prazas 2019 e os encargados de abrir a programación será o grupo de Rap guardés Caramelo Krew, un grupo formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (Jose Mauri), que encherán de música a Praza de San Queitano dende as 22:00h.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

SÁBADO 15:

Este sábado a partires das 10:00h  o Clube de Petanca «O Caldeiro» organiza o I Torneo de Petanca «Bodegas Terras Gauda» nas pistas deportivas do Codesal en Camposancos.

O Mercado da Guarda acollerá unha charla baixo o título «Familia, que comemos hoxe?» dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia, coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza de abastos á hora de elaborar menús saudables e nutritivos. Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no propio mercado en horario de 11:00h a 13:30h. Punto de encontro no segundo andar.

Ás 10:45h sairá dende o Porto da Guarda unha nova visita ás Salinas Romanas do Seixal, unha actividade que ten unha duración aproximada de 2 horas cun percorrido pola senda litoral, información e inscricións no 616 180 557.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

Na xornada deste sábado e enmarcado na programación das Festas de San Antonio, ás 12:00h haberá unha gran tirada de fogos e o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do municipio, pola noite verbena coas orquestras Santiago e Nievla.

Este sábado ás 20:30h o Auditorio de San Bieito acolle a XV edición do Festival Folclórico Luso-Galaico, no que participaran os grupos Doxe nun ano, Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, Korosti Dantza, Taldea, Agrupación Folclórica O Trevo e o Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 16:

Na xornada deste domingo e enmarcado na programación das Festas de San Antonio, ás 10:00h da mañá fara un percorrido a Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda con posterior misa e procesión e ás 20:00h a citada banda ofertará unha actuación.