Noticias

Novo horario do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz


13 xuño 2019
A Guarda

A partires desta fin de semana o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda abre novamente as súas portas todas as fins de semana e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Este horario manterase ata o 15 de setembro.

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronteirizas.

Tasas de acceso:

  • 1€ adultos
  • 0,5€ menores de 14 anos

Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o día dos Museos(18 de maio).