Noticias

Novos cursos de informática na Aula CeMIT da Guarda


14 setembro 2020
A Guarda
Curso de informática A Guarda

O vindeiro luns día 21 de setembro arrancan os novos cursos de informática na Aula CeMIT da Guarda, nesta edición contarase con varios cursos sobre Manexo do ordenador, Internet, Editor de textos e Smartphone.

Programación de cursos:

  • Manexo do ordenador(Luns e Mércores): Funcionamento básico do ordenador
  • Internet(Martes e Xoves): Navegación básica en internet
  • Editor de textos:(Venres) Edición e escritura de textos
  • Smartphone: (Sábado) Manexo básico dun Smartphone

Horarios dos cursos:

  • Luns-Venres: 10:00h-11:00h 11:30h-12:30h 16:00h-17:00h 17:30h-18:30h
  • Sábado: 10:00h-11:00h 11:30h-12:30h

Debido as restricións e os protocolos pola pandemia do Covid-19 o aforo de cada curso é limitado, sendo obrigatorio o uso de máscaras de protección, xel desinfectante e manter a hixiene de mans.

As inscricións están abertas chamando ao 986 61 1580 ou de xeito presencial no Centro Cultural da Guarda.