Noticias

O Centro Cultural da Guarda acolle este venres a presentación do libro «Déixate de contos»


14 outubro 2019
A Guarda
Deixate de contos

O vindeiro venres día 18 de outubro ás 20:00h o Salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle a presentación do libro «Déixate de contos» da autoría de Berto Pirata, un libro que xa vai pola segunda edición, un libro tenro que afonda na relación entre un pai e os seus xemelgos a través de relatos onde os tres aprenderán de que vai realmente a vida.

Do mesmo xeito realizarase a presentación da Editorial «Elefantes de Papel», a cargo de María salinas e Berto Pirata, un proxecto comprometido que realizado con moita ilusión e que vén coa intención de facilitar a publicación a aquelas persoas que soñan con facelo.