Noticias

O Concello da Guarda abre o prazo para participar en «Decora o teu Nadal 2019»


21 outubro 2019
A Guarda
Decora o teu Nadal

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de lanzar as bases para «Decora o teu Nadal 2019», unha campaña centrada no embelecemento da nosa vila, de cara a unha das datas mais importantes para a mesma, o Nadal, época de lecer e reencontro coa familia e os amigos.

Deste xeito se convida a todas as Asociacións e colectivos guardeses a participar un ano máis e implicarse na decoración de nadal de espazos públicos do municipio aportando a súa creatividade e bo facer.

Este ano o tema obxectivo de «Decora o teu Nadal 2019» vai ser «Nadal Mariñeiro», rematando deste xeito o ano 2019 co mar coma protagonista.

Cada Asociación ou colectivo poderá participar cun máximo de 1 proposta, sendo preciso empregar materiais, principalmente de refugallo, non contaminantes e resistentes ao exterior.

As bases completas xa están a disposición dos interesados no Departamento de Cultura do Concello da Guarda e na web municipal.

O prazo de participación está xa aberto ata o 4 de novembro a través do Departamento de Cultura do Concello da Guarda, enchendo o formulario de participación.

Máis información no 986 61 0000 ou en culturaguarda@gmail.com