Noticias

O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas por causa da alarma polo coronavirus

O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas con motivo da alarma polo virus COVID-19 para que ningún veciño da localidade teña que facer fronte a pagamentos ao concello mentres dure o estado de alarma


24 marzo 2020
A Guarda
Xestión tributaria da Guarda

O 14 de marzo declarouse, polo Goberno Central, o Estado de Alarma, inicialmente por 15 días, período que vai ser ampliado ata o 11de abril. Estado de Alarma que é de aplicación a todo o territorio nacional  e que se decreta ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo virus COVID-19.

Ante esta situación de emerxencia sanitaria o concello de a Guarda adoptou unha serie de medidas para afrontar a situación de crise das que se deu traslado aos diferentes grupos políticos.  Estamos diante dunha situación  excepcional que require de medidas excepcionais, así o Concello da Guarda adopta e fai público o primeiro paquete de medidas de carácter económico que teñen como obxectivo minimizar, na medida do posible, o impacto negativo desta crise na economía de veciños e empresas na súa relación coa administración local.

Para  iso, e despois de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta as seguintes medidas:

1.-Axilizar o pagamento ás empresas e subministradores do concello para trasladar liquidez aos mesmos. Este pagamento está xa preparado e estamos en condicións de proceder ao mesmo de xeito inmediato.

2.-Retrasar a data  da domiciliación  de diferentes taxas  para despois do remate do estado de alarma.

3.-Ampliar o período de pagamento para a totalidade das taxas e impostos, pasando dun período  de 2 meses a tres meses. Retrasar o inicio do imposto de vehículos, que estaba previsto para  inicios do mes de abril, ata  o 1 de maio.

4.-Asi mesmo o concello de A Guarda  procederá á devolución aos particulares do importe   correspondente a servizos que non se realizaron como por exemplo as andainas, pilates ou  ximnasia senior.

5.-Respecto da escola infantil, non se pasará ao cobro o importe polo tempo que permaneza pechada a instalación. Respecto do conservatorio imos esperar ao pronunciamento das autoridades educativas que están tomando en consideración  a ampliación do curso lectivo.

O concello seguirá analizando a situación e terá en consideración outras medidas  que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19. Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser  quen de adoptar medidas  tamén excepcionais  tendo como único horizonte a protección das empresas e dos nos@s veciños e veciñas.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración