Noticias

O Concello da Guarda e o Mecalia Atlético Guardés asinan un convenio de colaboración


21 outubro 2019
A Guarda
Mecalia Convenio

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o Presidente do Mecalia Atl. Guardés, José Manuel Silva, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000,00€.

Esta axuda establécese segundo o proxecto presentado pola entidade deportiva «Tempada competición balonmán 2018-2019» para asumir unha mellor actuación do primeiro equipo, así coma o mantemento das escolas deportivas cos equipos e categorías inferiores.

Antonio Lomba aproveitou a ocasión para informar de que a liña de fibra óptica do Pavillón Municipal da Sangriña, xa se atopa operativa, e será empregada xa para facer a retransmisión do partido en streaming por internet do vindeiro sábado día 2 de novembro, no encontro que terá lugar entre o Mecalia Atl. Guardés e o Balonmano Salud Tenerife previsto para as 20:00h na sexta xornada da Liga Guerreras Iberdrola 2019/20. As velocidades de conexión da nova líña de internet multiplicarán por 10 as velocidades actuais de baixada e en 25 as de subida, cunha disponibilidade que permitirá garantir un servizo de calidade.

Pola súa banda, Montserrat Magallanes destacou o importante papel que se realiza dende esta entidade deportiva, cun equipo de élite que leva o nome da Guarda por todo o mundo, motivo de orgullo para todo o pobo guardés.