Noticias

O Concello da Guarda suspende o mercadillo deste sábado día 12 de setembro


11 setembro 2020
A Guarda
Mercadillo A Guarda suspendido

Entre as medidas de prevención fronte ao coronavirus COVID-19 adoptadas polo Concello da Guarda en canto ós servizos e actividades acordouse a suspensión do mercadillo semanal dos sábados.

Esta medida estará vixente dende hoxe venres día 11 de setembro ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19, polo cal o mercadillo semanal queda suspendido dende este sábado, inclusive.

A día de hoxe o número de casos activos na localidade é de 30. Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social, sobre todo tendo en conta que co comezo da actividade escolar aparecen novos factores de risco. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre.