Noticias

O concello da Guarda traballa pola mellora da eficiencia enerxética e o mantemento do servizo da piscina municipal

O concello da guarda adxudicou o 9 de febreiro a elaboración dunha diagnose enerxética para a piscina municipal


23 febreiro 2021
A Guarda
Piscina Municpial de A Guarda

O pleno do concello da Guarda procedeu no día de onte, 22 de febreiro do 2021, á  aprobación da modificación do contrato coa concesionaria da Piscina Municipal, este acordo contou coa aprobación de tódolos grupos municipais. O  concello da Guarda  pasa  a afrontar os gastos orixinados polo protocolo COVID  na Piscina Municipal, así como asumir o canón do 13%  en consumos enerxéticos  (ata de agora estes gastos os  asumía a concesionaria da Piscina Municipal). O concello colabora coa concesionaria da Piscina Municipal  a través desta modificación contractual  que se realiza no marco da necesidade de adoptar medidas urxentes  e extraordinarias para facer fronte  ao impacto  económico do COVID 19 e garantir a continuidade do servizo ante  a dificultade para o concesionario  da execución do contrato.

Por outra banda,  o concello  ven mantendo reunións coa empresa concesionaria, que xa trasladou a negativa de ampliación do contrato por un prazo de 2 anos, proposta que lle trasladou o concello da Guarda  para paliar as consecuencias negativas froito do COVID 19. Como resultado deses encontros, o pasado 2 de febreiro  acordouse  que era unha prioridade acometer unha  diagnose enerxética da Piscina e así se  formalizou o contrato  o 9 do mesmo mes,  no que ademais dunha auditoría enerxética tamén se vai a realizar  unha avaliación da propia estrutura  arquitectónica. Destas cuestións son  coñecedores todos os grupos municipais.