Noticias

O Concello ofrece a posibilidade de dar unha segunda vida á "Luz do Nadal"

A Praza de Abastos da Guarda conta con dous contedores para que, aquelas familias que o desexen, podan depositar as luces que se repartiron nos centros educativos da vila


08 xaneiro 2021
A Guarda
recicla luces de nadal

O Concello da Guarda instalou dous puntos de recollida para as luces de Nadal que se repartiron entre o alumnado dos centros educativos da vila dentro da Campaña de Nadal 2020-21 e que serviron para guiar aos Reis Magos.

As familias que así o desexen poderán depositalas nos contedores instalados no andar baixo e no primeiro andar da Praza de Abastos da localidade.

As luces que se recollan, que foron fabricadas pola empresa local Eutimio e que se empregan para a pesca do peixe espada, poderán ser reacondicionadas, co fin de darlles ás mesmas unha nova vida útil. Deste xeito levarase a cabo un pequeno xesto para o coidado do planeta.

Dende o Concello da Guarda agradécese a colaboración realizada por Electrónica Eutimio na Campaña de Nadal. Desde o primeiro momento amosaron o seu interese por participar nesta entrañable iniciativa e puxeron todo da súa parte para que a luz chegara a todas e todos os nenos da Vila.