Noticias

O libro "Páxinas da Guarda" preséntase este xoves

Terá lugar este xoves ás 20:00h na Casa dos Alonso, inscrición previa en centrocultural@aguarda.es


20 xullo 2021
A Guarda
presentación do Libro

O vindeiro xoves día 22 de xullo ás 20:00h a Casa dos Alonso acolle a presentación do Libro "Páxinas da Guarda".

Este libro nace durante o confinamento coa idea de facer un libro que abarcase a historia da Guarda e da Comarca, recopilando aqueles artigos de Antonio Martínez, Celso Fariñas e José Ángel Gándara que se publicaron nos distintos libros de festas locais de diferentes municipios do Baixo Miño.

Procedeuse ao escaneado deses artigos publicados ao longo dos anos, para amosalos nesta publicación que está realizada a proposta de Infomaxe, baixo o patrocinio do Concello da Guarda.

Para asistir ao acto de presentación é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es