Noticias

O Rock Guardés aterra no Porto da Guarda este domingo


09 xullo 2019
A Guarda
Rock Guardés

Como cada 14 de xullo dende hai 18 anos, chega o festival Rock Guardés ó porto da Guarda enmarcado nas Festas do Carme que terá lugar do 14 ao 16 de xullo de 2019.

Nesta edición hai un nome que destaca, New Day, a nova banda de Amparo Llanos, ex Dover, xunto a Samuel Titos, baixista da banda que Amparo lideraba xunto á súa irmá Cristina. Jota Armijos, ex Fuckaine completa o power trio na batería. A banda madrileña virá presentar o seu recente segundo disco "Fever", unha gran oportunidade de ver na Guarda a uns músicos que xa forman parte da historia do rock español.

Abrirán o festival a banda local Helen & Shanna, que tamén presentará o seu novo traballo "Tempo" a piques de lanzarse e estreando por primeira vez na vila a súa nova formación, con influencias de psicodelia e world music, o seu folk fará quentar motores para o que veña despois.

Pecharán o festival a banda de rock viguesa Loco Turbina con grandes temas que todos recoñecerán e farán corear ata ó final, recomendada pola Asociación Cultural Rock'n'Rolla que colabora este ano co Rock Guardés.

Esta edición será especial xa que coincide coa celebración do XIV Encontro Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará do 11 ao 14 de xullo. Para iso o RG une forzas coa Asociación Cultural Piueiro e a Asociación Cultural Rock'n'Rolla que achegará unha das bandas, do mesmo xeito que segue contado co patrocinio da marca local éxfico clothing, o resto de patrocinadores locais, Concello da Guarda e por soposto a Comisión de Festas Virxe do Carmen da Guarda, un ano máis comprometida coa música rock en directo.

Entrada de balde, apertura de portas ás 21:00 h. e comezo dos concertos ás 22:00h.