Noticias

O show do Mago Rey Midas chega á Guarda este sábado


09 abril 2019
A Guarda
Mago Rey Midas

O Mago Rey Midas aterra este sábado día 13 de abril no Centro Cultural da Guarda cun show para nenos e nenas pero tamén para pais e nais, un espectáculo que non deixará a ninguén indiferente.

O show terá comezo ás 18:00h da tarde no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda onde os asistentes gozarán espectáculo para nenos e adultos espectáculo que no deixará a ninguén indiferente.

Trátase dun show con moito ritmo de inicio a fin, con altas doses de humor, maxia, misterio, animais e moito máis, involucrando e facendo partícipe a todos os asistentes.

Acceso libre ata completar o aforo.