Noticias

Preto de 500 deportistas tomarán este domingo o Monte Santa Trega na VI edición do Trail do Trega


18 novembro 2019
A Guarda
Trail Trega

O luns día 18 de novembro a Casa dos Alonso acolleu a presentación da VI edición do Trail do Trega, contando coa asistencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Cocnelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o representante de Qualité Sports, Serafín Acevedo.

Nesta VI edición, que terá lugar este domingo día 24 de novembro a partires das 9:30h da mañá se conta con varias opcións competitivas coma a Experiencie 12k, Advance 18k e unha andaina popular de 12km.

A primeira en saír será a Andaina, cunha distancia total de 10kms e cun desnivel acumulado de 650m e que sairá ás 9:30h da mañá, seguido da proba Advance 18k cun desnivel acumulado de 1100m e que sairá ás 10:00h e a Experiencie 12k cun desnivel acumulado de 650m e que sairá ás 10:30h.

Todas as modalidades terán punto de saída e chegada dende a Alameda da Guarda, agardando unha asistencia de preto de 500 deportistas, estando inscritos xa máis de 360, destacando unha forte representación portuguesa e de persoas de máis de 12 provincias de toda España.

Haberá premios para as diferentes categorías e as inscricións seguen abertas ata o 20 de novembro na web www.traildotrega.com

Dende a organización do evento agradécese a implicación das Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos para a limpeza dos diferentes camiños que se van a empregar neste evento deportivo, así como a colaboración do Concello da Guarda, Protección Civil do Rosal, GES da Guarda e Policía Local.

A Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, destacou a aposta decidida do Concello da Guarda co deporte, o que repercute en hábitos de vida saudable en contacto coa natureza, animando a todos os amantes do deporte a participar este domingo na proba.