Noticias

Últimas prazas para o Curso de Ximnasia Sénior na Guarda


10 outubro 2019
A Guarda
Ximnasia Senior

O Departamento de Deportes informa das últimas prazas libres para o curso de Ximnasia Sénior que se realiza na Piscina Municipal da Guarda

O Curso de Ximnasia Sénior realizase os mércores e venres en horario de 11:30h a 12:15h, para maiores de 65 anos, cun custe de 10€ ao mes.

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición ata esgotar as prazas vacantes no Concello da Guarda a través do teléfono 986 61 0000  ou no enderezo electrónico deportes@aguarda.es