Noticias

Unha Feira de Empresas pon o broche final este sábado á Feira de Emprego «Ecoimaxín» na Guarda


25 outubro 2019
A Guarda
Feira de Empresas Ecoimaxin

Este sábado día 26 de outubro, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a xornada de peche da Feira de Emprego «Ecoimaxín», que este ano contou cunha ampla programación na que se incluíron charlas e conferencias de especialistas do sector, que achegaron aos asistentes todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, con informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

Para pechar esta edición da  Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00h a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda e de 12:00- 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna, contando coa participación de Biosenza, Hara, Monoke, O Eixido dos Tendeiros, O Peirao, Trigo y Limpio e Xe-Mente.

Esta é a terceira edición da  Feira do Emprego e Formación da Guarda, o primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local, a segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.

A Feira do Emprego e Formación chegou un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, baixo o concepto de sustentabilidade como elemento dinamizador socioeconómico e xerador de oportunidades de emprego. Os participantes tiveron a oportunidade de asistir a obradoiros formativos en contacto directo con empresas sustentables.

Esta Feira do Emprego e Formación aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

PROGRAMA ECOIMAXÍN – CONCELLO DA GUARDA

XOVES 24 OUTUBRO

9:30h Presentación e apertura das xornadas

10:00h-12:00h Cápsulas formativas:

Novos perfís profesionais para un mundo sostible, a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial).

Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).

12:00-12:30 Descanso

12:30-14:00 Charlas/Ponencias abertas ao público

  • Responsabilidade Social nunha gran empresa: Teiga TMI (Servizos Electromecánicos Industriais), a cargo de Verónica Santiago Corral, Responsables do Departamento PRL, Calidade e Medio Ambiente.

VENRES 25 OUTUBRO

10:00h-12:00h Cápsulas formativas:

Novos perfís profesionais para un mundo sostible, a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) .

Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).

12:00-12:30 Descanso

12:30-14:00 Charlas/Ponencias abertas ao público

  • Porque non hai un planeta B, marketing sustentable, a cargo de Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación en toctocmedia.

SÁBADO 26 DE OUTUBRO

10:00h-14:00h Feira de Empresas

Presentación do portal de Emprego da Guarda a cargo dos responsables municipais do programa www.empregonarede.gal

12:00- 13:00 horas presentación empresas eco da contorna: Albergue O Peirao, Proxecto Xe-Mente, O Eixido dos Tendeiros, Biosenza e máis por confirmar.