Noticias

O concello da Lama colabora económicamente coa ANPA do colexio para ofrecer actividades extraescolares de carácter sociocultural e deportivas aos alumnos do centro

De luns a venres os nenos e nenas disfrutan de baile, ludoteca, multideporte patinaxe e asisten á piscina de Pontemuiños, en Pontevedra


08 novembro 2019
A Lama
Actividades ANPA

O tenente de alcalde David Carrera e o concelleiro de Cultura e Deportes do Concello da Lama, Daniel Vidal, mantiveron un encontro con membros da ANPA e os monitores adscritos ás actividades extraescolares de carácter sociocultural e deportivas para os alumnos do CEIP A Lama e que se desenvolven no local da antiga escola, no pavillón municipal e na piscina de Pontemumica do Concello.a grazas nos e emua os alumnos do CEIP A Lama e que se desenvolven no local da antiga escola, no pavillnenos e íños, en Pontevedra grazas á colaboración económica do Concello.

Os nenos e nenas do CEIP da Lama dispoñen de actividades organizadas pola ANPA de luns a venres consistentes en baile, ludoteca, multideporte, patinaxe e asistencia á piscina de Pontemuíños, en Pontevedra, onde aprenden a nadar a través das clases que reciben de monitores especializados e con titulación homologada.

Os cativos participantes van en grupos pequenos dun xeito dinámico para non repetir actividade e facer o seu paso por estas iniciativas lúdico-formativas unha experiencia divertida e que fuxe da monotonía ou da rigurosidade que impón o feito de estar anotados so nun único grupo.

O novo grupo de Goberno do Concello da Lama asume como unha das súas prioridades interactuar da man da comunidade escolar e os pais dos alumnos para implicarse directamente nas necesidades que podan ter os nenos e nenas deste centro educativo ofrecendo tamén alternativas de ocio creativo en materia deportiva, cultural e lúdica.

Estas visitas continuarán ao longo do curso coa intención de ir pulsando o resultado do método empregado polos monitores encargados de dirixir estas actividades para sacarlle o maior rendemento e, no caso de que fora necesario, mellorar o sistema para edicións posteriores.

Carrera e Vidal coincidiron en sinalar a importancia de que os nenos e nenas adquiran hábitos saudables desde cativos en materia de práctica de deporte, socializarse a través dos xogos, empatizar cos demais, e fomentar valores como a solidariedade, o respecto individual e colectivo, a igualdade e o ocio creativo como xeito de aprender xogando de cara a lograr unha sociedade mellor, máis integrada e cohesionada socialmente.